ooFundada en 2001
Guía de Recursos Educativos en Red
 

 

ARTÍCULOS DE OPINIÓN

Recursos
Apuntes
Becas
Buscadores
Bibliotecas Virtuales
Cursos de formación

Diccionarios
Empleo educadores
Software Educativo
Rec. para docentes
Rec. para estudiantes
Rec. para Oposiciones
Tablón de Anuncios

Técnicas de Estudio
Tele-formación

Materias
Biología
Ciencias
Economía
Educación Ciudadanía
Educación Física
Educación Vial
Filosofía
Física
Geografía
Geología
Historia

Idiomas
Informática
Literatura
Lengua Castellana
Lengua Catalana
Lengua Gallega
Lengua Valenciana
Lengua Vasca
Matemáticas
Medio ambiente
Música
Plástica- dibujo...
Química
Religión
Tecnología

Compras
Acti.extra-escolares
Central de compras
Libros
Cursos de Formación
Consolas, Juegos
Gestión centros
Material docente
Mobiliario escolar
Ordenadores
Tienda deportiva
Revelado de fotos
Serv. informáticos

Comunidades
Alumnos
Padres de Alumnos
Profesores
Directivos de Centros
Centros 

Zona de Ocio
Canales de ocio
Cine
Deportes
Juegos en red
Viajes, rutas...

Noticias
Periódicos Mundo
Portales generalistas
Noticias deportivas
Noticias de educación
Noticias sobre juegos
Noticias sobre música
Noticias de literatura
Noticias sobre cine
Radio- TV

Enlaces
Bolsa de trabajo
Chats
Educación en valores
Foros de debate
Guías telefónicas
Museos
Páginas solidarias
Top 10 educativa
Traductores de web
Otros enlaces

Sugiérenos tu enlace preferido
Recomienda esta web a un amigo 
Quienes somos 
Enlázanos 
Publicidad

Mapa del sitio

Versión en

 

Cando as barbas do teu viciño vexas pelar…

        O profesorado e o alumnado da periferia de París, tamén moitas nais e pais, estanse a mobilizar en contra da violencia escolar e na demanda de solucións a un problema grave que afecta, sobre todo, a barrios situados arredor de certas áreas urbanas da capital francesa onde coinciden factores de risco evidentes, de carácter social, laboral, cultural e tamén os derivados dunha política errada de integración forzosa e tamén de concentración en guetos de amplos continxentes de inmigrantes, aspectos todos que están a ter, como non pode ser doutra maneira, o seu reflexo no ensino secundario.

        A magnífica película “A clase”, cun título orixinal moito máis acertado, “Entre les murs”, do director Laurent Cantet (2008), describe moi ben unha realidade educativa que outros filmes franceses, de enorme calidade, axudan a entender, por exemplo, Hoxe empeza todo, de Bertrand Tavernier (1999),  Ser e ter, de Nicolas Philibert (2002)  ou  Os chicos do coro, de Christophe Barratier (2004). Todas elas amosan a enorme preocupación da sociedade francesa, e da súa cinematografía, pola educación, seguindo así a mellor tradición da escola republicana.

         A verdade é que coincidiron, en moi pouco tempo, desde primeiros deste ano, diversas agresións moi graves en liceos especialmente conflitivos da zona do Val do Marne, ó Sureste de París, durante anos un auténtico graneiro de votos da esquerda comunista e socialista, na rexión da Illa de Francia. Algunha pelexa no instituto rematou mesmo en morte, un mozo de 18 anos, acoitelado por un compañeiro, e outro de 17 ferido grave cun cúter. O último suceso tivo lugar nunha clase de ximnasia, un alumno foi golpeado salvaxemente por unha ducia de mozos, de fora do centro, que mesmo usaron unha bomba lacrimóxena para cubrir a súa fuxida...

        O profesorado e os directores dos centros insisten na falla de medios, na supresión continua de postos de traballo, na diminución presupostaria para aspectos relacionados coa seguridade, vixiantes e cámaras, ou na ausencia de plans efectivos para a mellora da convivencia escolar, en zonas, como a de Créteil, a capital do Val do Marne, que sofre graves problemas de convivencia social desde hai anos.

        O ministerio de educación francés, co ministro á cabeza, Luc Chatel, reacciona como tantos nestes casos, a golpe de titular, agobiado pola presión mediática, facer que se fai, anunciando nada menos que unha conferencia nacional sobre a seguridade nos institutos. Os sindicatos de educadores, pola súa parte, convocan unha folga xeral na Secundaria para o vindeiro 12 de Marzo.

        O debate sobre a seguridade nos liceos franceses, sen embargo, non é novo. Desde hai máis de 10 anos existen xa vixiantes non armados e cámaras en moitos deles. O mesmo primeiro ministro, Nicolás Sarkozy, hai un ano, reaccionaba diante doutro acontecemento dramático, como ven sendo habitual, e anunciaba un Plan para blindar os centros escolares de intrusos, con máis cámaras e verxas de ferro, vixianza policial especial nos arredores de certos liceos, insistindo así na política represiva, que sempre da moitos votos... Sen embargo, pasada a presión social e mediática, as medidas non chegan finalmente nin ó 20% dos centros previstos.

        Con todo, desde moi diversos sectores, profesorado, persoas expertas, organizacións sociais, se insiste en que resulta máis rendible, eficaz e eficiente, inverter en prevención que en represión, aínda que non dea tantos réditos electorais. Este é un vello debate que diferencia as opcións conservadoras das progresistas non só en Francia, unhas posicións que non se circunscriben ó ámbito educativo senón, e sobre todo, político. E non son precisamente os momentos  máis próximos ós dramas as mellores circunstancias para atopar pontos de encontro entre posturas diverxentes, en ocasións, mesmo caricaturizadas.

        A conflitividade do Val do Marne como o de Seine- Saint Denis, limítrofes, coñecidos pola súa pobreza, desatención pública, marxinalidade e violencia, sería un milagre que non tivera o seu reflexo dentro da escola, entre os muros dos liceos. Abandonar á súa sorte a grandes capas da poboación, inmigrante ou non, concentralos en barrios periféricos das grandes cidades, neste caso París, diminuír a protección social con políticas de austeridade e restrición do gasto público, responder única e exclusivamente con represión ós conflitos, conforma un caldo de cultivo idóneo para que estale, cada certo tempo, a violencia social e, desde logo, tamén a escolar.

        Galicia e o conxunto do Estado, con carácter xeral, resolve razoablemente ben os conflitos escolares, especialmente polo sentido común do seu profesorado, e porque aínda non se dan as condicións que vimos de comentar da periferia de París. Sen embargo, estaría ben que tomáramos nota, que reflexionáramos sobre a conflitividade e a convivencia escolar, que entendéramos que non debemos esperar a vivir estas realidades para facer prevención, a medio e longo prazo, cada día, tódolos días, dentro e fora da escola, na familia, nos medios de comunicación, facendo realidade, con medios e tempo, os Observatorios e os Plans de Convivencia Escolar, a formación do profesorado en servizo...

        E o sabemos moi ben, a pouco que poñamos a convivencia pacífica e democrática entre as nosas prioridades, na sociedade e na educación, veremos os resultados. Si non é así, sufriremos as consecuencias, máis pronto que tarde…

        Con todo, cando as barbas do teu viciño vexas pelar…

 Autor: Manuel Dios Diz
 é mestre, licenciado en Xeografía e Historia pola USC, preside o Seminario Galego de Educación para a Paz e forma parte do Observatorio Galego da Convivencia Escolar.

 02-03- 2010

 

 

 Enviar a un amigo

RELACIÓN DE ARTÍCULOS PUBLICADOS en EDUCAsites.net

Búsqueda de Artículos en Google Académico:

Google Scholar


EDUCAsites.net no se identifica necesariamente con el contenido de los artículos de opinión firmados por sus autores.

Envíenos su artículo de opinión

 

 

 

Agradecemos la colaboración
 en esta sección a:
 

 

 
 
 
 
 
EDUCAsites.net                            Guía de recursos educativos en red                                             Home

Copyright © 2001-2011 educasites.net