ooFundada en 2001
Guía de Recursos Educativos en Red
 

 

ARTÍCULOS DE OPINIÓN

Recursos
Apuntes
Becas
Buscadores
Bibliotecas Virtuales
Cursos de formación

Diccionarios
Empleo educadores
Software Educativo
Rec. para docentes
Rec. para estudiantes
Rec. para Oposiciones
Tablón de Anuncios

Técnicas de Estudio
Tele-formación

Materias
Biología
Ciencias
Economía
Educación Ciudadanía
Educación Física
Educación Vial
Filosofía
Física
Geografía
Geología
Historia

Idiomas
Informática
Literatura
Lengua Castellana
Lengua Catalana
Lengua Gallega
Lengua Valenciana
Lengua Vasca
Matemáticas
Medio ambiente
Música
Plástica- dibujo...
Química
Religión
Tecnología

Compras
Acti.extra-escolares
Central de compras 
Libros
Cursos de Formación
Consolas, Juegos
Gestión centros
Material docente
Mobiliario escolar
Ordenadores
Tienda deportiva
Revelado de fotos
Serv. informáticos

Comunidades
Alumnos
Padres de Alumnos
Profesores
Directivos de Centros
Centros 

Zona de Ocio
Canales de ocio
Cine
Deportes
Juegos en red
Viajes, rutas...

Noticias
Periódicos Mundo
Portales generalistas
Noticias deportivas
Noticias de educación
Noticias sobre juegos
Noticias sobre música
Noticias de literatura
Noticias sobre cine
Radio- TV

Enlaces
Bolsa de trabajo
Chats
Educación en valores
Foros de debate
Guías telefónicas
Museos
Páginas solidarias
Top 10 educativa
Traductores de web
Otros enlaces

Sugiérenos tu enlace preferido
Recomienda esta web a un amigo 
Quienes somos 
Enlázanos 
Publicidad

Mapa del sitio

Versión en

 

CULTURA DE PAZ, DE LEI

 

        Hai aproximadamente dous anos que, con discreción, sen dar sentenza, como dicía a miña difunta aboa Ermitas, iniciamos un traballo de persuasión sobre a necesidade de elaborar e aprobar, por unanimidade, unha lei propia, no Parlamento de Galicia, de Fomento da Cultura da Paz, seguindo os precedentes da catalá de 2003 e a española de 2005, leis que para a maioría da poboación, mesmo para as persoas informadas e do mundo académico son absolutamente descoñecidas. 

        Como consecuencia das conversas mantidas cos portavoces parlamentarios dos tres grupos, cos respectivos de educación, co propio goberno, co anterior e co actual, pedíusenos que fixeramos nos un borrador que puidera servir como documento de referencia, e así o fixemos. A Ponencia Conxunta, finalmente, xa está en marcha en sede parlamentaria, co que empeza o procedemento lexislativo propiamente dito. 

        O borrador consta dun Preámbulo no que xustificamos a necesidade dunha lei destas características, explicamos polo miúdo o que a comunidade internacional entende por Cultura de Paz, á luz da Declaración e o Programa de Acción aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1999, a proposta da UNESCO e do seu, daquela, Director Xeral, Federico Mayor Zaragoza, de acordo co Manifesto 2000 dos Premios Nobel da Paz e os documentos que a desenvolveron durante o Decenio 2001-2011, da Cultura da Paz e a nonviolencia para todos os nenos e nenas do mundo. 

        Facemos mención, como non podía ser doutro xeito, á tradición pacífica do galeguismo ou ó Congreso Internacional da Paz celebrado no Ferrol en 1915, como algúns referentes históricos, ou máis recentemente, ó Congreso Europeo de Educación para a Paz de 1994, celebrado en Santiago de Compostela, o primeiro continental do movemento coñecido internacionalmente como Teachers for Peace. E ás dúas referencias lexislativas citadas con anterioridade e que están vixentes no Estado, e tamén ó vixente Plan Integral de Mellora da Convivencia Escolar de Galicia. 

        Como temos reiterado tantas veces, a Cultura da Paz é un conxunto de valores, actitudes, tradicións, comportamentos e estilos de vida baseados na convivencia democrática e no diálogo, no respecto pola vida e os dereitos humanos, na confianza de que a erradicación da violencia virá da man da educación, da xustiza e a cooperación, e da igualdade plena entre homes e mulleres, así como da interculturalidade. 

        Por iso, cando falamos de Cultura de Paz, non nos limitamos a demandar a educación para a paz, os dereitos humanos e a democracia nas escolas, senón que insistimos no diálogo intercultural e interrelixioso (Alianza de Civilizacións), na superación da exclusión e a pobreza (Obxectivos do Milenio), na resolución pacífica dos conflitos ou na prevención e consolidación da paz. 

        O articulado aborda o obxecto da lei, delimita os ámbitos de aplicación, Xunta e entes locais, e prioriza actuacións en relación cos dereitos humanos e as liberdades individuais e colectivas, a convivencia cidadá, a educación, os medios de comunicación social e o fomento do desarmamento global.  

        Quero resaltar as aportacións que desde a diversidade funcional se incorporaron ó texto base. Tamén a que, por primeira vez, se propoñen axudas anuais específicas para a realización de actividades, estudios e investigacións en materia de paz, así como a posibilidade de crear un Instituto Internacional pola Paz en Galicia, con funcións moi detalladas como poden ser a promoción da investigación, a formación, e a difusión da cultura da paz, actuar de observatorio sobre paz e conflitos, apoiar e asesorar á sociedade civil, ó propio Parlamento, ó Goberno e ás administracións públicas, establecer redes con institutos similares como o de Cataluña e no ámbito internacional. 

        En definitiva, un proxecto que con toda probabilidade será aprobado, por unanimidade, só así terá sentido e o noso apoio, neste ano emblemático, por tantas razóns, do 2010, no que o Seminario Galego de Educación para a Paz celebra o seu XXV Aniversario.

 

        Que así sexa...

  

Manuel Dios Diz
preside o Seminario Galego de Educación para a Paz e dirixe a Fundación Cultura de Paz en Galicia.

27-06-10

      

       

 Enviar a un amigo

RELACIÓN DE ARTÍCULOS PUBLICADOS en EDUCAsites.net

Búsqueda de Artículos en Google Académico:

Google Scholar


EDUCAsites.net no se identifica necesariamente con el contenido de los artículos de opinión firmados por sus autores.

Envíenos su artículo de opinión

 

 

 

Agradecemos la colaboración
 en esta sección a:
 

 

 
 
 
 
EDUCAsites.net                        Guía de recursos educativos en red                                         Home

Copyright © 2001-2011 educasites.net